Tuesday 14 de May de 2024

O consello local do BNG de Oleiros agradece de xeito público ao noso concelleiro Xurxo Martínez Caño, a súa gran dedicación durante este tempo


O consello local do BNG de Oleiros agradece de xeito público ao noso concelleiro Xurxo Martínez Caño, a súa gran dedicación durante este tempo, en condicións non sempre doadas debido á súa máis que peculiar situación laboral.

O consello local na reunión mantida este mércores perfila a liña estratéxica de cara as vindeiras eleccións do mes maio

A formación nacionalista quere parabenizar as Festas do Nadal a toda a cidadanía de Oleiros e desexarlle un ventureiro ano novo 2023

Oleiros, 23/12/2022.- Xurxo Martínez Caño deixou ser concelleiro na Corporación Municipal de Oleiros coa toma de coñecemento da súa renuncia por parte do pleno que tivo lugar hoxe venres 23 de decembro.

O consello local, quere agradecerlle a súa absoluta entrega ao proxecto nacionalista e veciñal durante todo este tempo, nomeadamente nunha situación tan complexa para el, porén resaltamos que vai seguir absolutamente presente e vencellado dende outra perspectiva ao proxecto nacionalista e ao compromiso diario na defensa da cidadanía oleirense.

O consello local celebrado este mércpres acordou iniciar a liña política a seguir de cara os vindeiros comicios autonómicos, liña que non é outra que a de poñer en marcha políticas innovadoras pensadas no ben común. O BNG de Oleiros traballa asemade no proceso para definir o seu programa e candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023.

Dende o BNG queremos desexar unhas boas festas a cidadanía oleirense que as celebre, así como a todos os medios de comunicación que seguen o día a día no noso Concello. Desexamos tamén unha boa entrada de ano para o conxunto da cidadanía.